Quantcast
Channel: a lei de Lem » Cementerio de icebergs
Viewing all articles
Browse latest Browse all 3

Canto nos ensina, sobre o mundo e a vida, unha novela?

$
0
0

Recordo un comentario dun amigo lector, un pontevedrés fincado temporalmente en Alcalá de Henares, que me dicía que non estaba interesado en ler novela. Pensaba unicamente en ler ensaio. Acordeime del lendo estas palabras da editora Esther Tusquets:

Descubrín máis a realidade a través da historia que do ensaio. O que se do mundo e da vida aprendino nas novelas’

Canto pode ensinar unha novela? Ben certo que a experiencia dun autor de ficción pode ser unha fonte de información de primeira. Volvo facer unha visita a El cementerio de icebergs, de Toni Polo e Sergio Rossi, que contén coñecementos que creo moi valiosos para saber máis sobre como funciona o mundo da ciencia e a vida dos investigadores. En non moito máis dunha páxina os autores tocan unha longa lista de temas:

A falta de recoñecemento e desalento profesional. E resistir a esta situación:

“[...] aos científicos do Este, coma el, e aínda máis aos taxónomos, se lles negaron moitas cousas. Entre outras, un merecido recoñecemento a unha longa traxectoria científica. Mais Frenzel non se deu por vencido e aturou varios grolos amargos. Cando chegou Elin, el traballaba coma suplente dun eminente científico daquela universidade, un dinosauro da ciencia, tan exemplar e acreditado que se había durmido nos loureiros. Frenzel estaba máis ao día que o seu xefe. Calquera outro se houbera afundido na súa situación, mais el non se rendeu.”

Saber recoñecer ao competente, recoñecer a quen si ‘pode ser mestre':

“Elin deuse de conta quen lle ía ensinar todo o que lle interesaba. E este non era o flamante e titular de taxonomía de invertebrados, senón o profesor humilde e incansábel que traballaba para el, Hans Frenzel.”

O conflito e a diferente consideración de disciplinas, da que falaba eu aquí, mais está mellor explicados nestas liñas. A flexibilidade que ofrece ser experto en máis dun tema:

“Aparte de bioquímico, era un dos mellores taxónomos, unha rara mestura que facía do profesor un ser enigmático e fascinante. Era raro ver a alguén que soubera tanto de dous disciplinas que practicamente se daban bofetadas. Polo xeral, os taxónomos radicais non aturaban aos bioquímicos, e estes desprezaban todo o que tivera que ver con “describir outro bicho novo, que a ninguén lle interesaba.” [...].”

O derrube emocional ante unha situación diferente, o cambio de carácter e filosofía

“Sen embargo, cando Frenzel gañou o recoñecemento que merecía, mudou por completo. Non soubo gañar. Decidiu que todo o que el padecera profesionalmente lelo faría pagar a quen se atopara por debaixo da xerarquía científica.”

Saber estar e traballar con alguén cunha personalidade diferente á nosa. Aproveitar unha oportunidade para exercer as nosas calidades:

“Para entón, Elin converteuse no seu olliño dereito. A fascinación que ela sentía cara o seu mestre era mutua e, malia non ter nada que ver un co outro, o precisamente por iso, complementáronse á perfección no traballo de campo e no laboratorio. Ela viu a oportunidade de manter a flote a parte taxonómica, unha rama da bioloxía practicamente a piques da extinción coas ferramentas clásicas, devoradas polos que empregaban a xenética para distinguir animais e plantas. Ademais soubo aproveitar as profundas raíces bioquímica da formación do profesor e aplicalas no seus estudos sobre redes alimentarias e a súa relación entre especies.”

Estas liñas atópanse todas na páxina 54, e é só unha pequena mostra de todas as cousas boas que hai en El cementerio de icebergs. Estou de acordo co meu amigo en que a lectura de non ficción poida ser unha chisca máis proveitosa, para saber máis, en canto a coñecemento. Mais non hai dúbida que na novela pódense atopar perlas como estas.

Esther Tusquets preferiu abandonar os seus libros de ensaio nun traslado de domicilio. Supoño que o meu amigo, pola contra, abandonará as súas novelas cando volva a Galiza. Desexo que isto suceda pronto, porque se que é a súa preferencia.

ROSSI, Sergio; POLO, Toni. El cementerio de icebergs. Barcelona: Plaza & Janés, 2010. 365 p. 15×23 cm. ISBN 9788401337482.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 3

Latest Images